Ferrol, 1977.
Actor, Músico, Director teatral.
Especializado na linguaxe do corpo, profundizou os seus coñecementos no traballo do actor baixo a máscara na Cía Internacional Teatro Punto dirixida por Carlos García, sendo tamén asistente pedagóxico de Teatro Punto, nos cursos que imparten en Europa ou USA, entre outros.
En 2006 funda xunto con Xavier Ramilo e Antuán Iglesias a Asociación Teatral Paso de Valverde en Arteixo, A Coruña.